Martina Aneiros recibe á presidenta da AVV de Caamouco

Ferrol, 18 de maio de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta da recentemente creada Asociación Veciñal de Caamouco, Ana Isabel Mariño, co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e abrir vías de colaboración.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/05/2026