Manuel Pardo participa na clausura do ciclo de conferencias ‘Los Caminos de Santiago: el Camino Mozárabe e Zamora y Ourense. Arquitectura, cultura y paisaje’, organizado polos centros asociados da UNED de Zamora e Ourense
Ourense, 19 de maio de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou este serán na clausura do ciclo de conferencias “Los Caminos de Santiago: el camino Mozárabe e Zamora y Ourense. Arquitectura, cultura y paisaje”, organizado polos centros asociados da UNED de Zamora e Ourense.
Manuel Pardo salientou que ao longo desta III edición, a UNED Ourense e Zamora realizaron un labor fundamental: crear un espazo de reflexión arredor da Vía da Prata e do patrimonio xacobeo. E iso é algo especialmente valioso, porque conservar un camiño non consiste unicamente en manter unha ruta sinalizada ou restaurar monumentos. “Conservar un camiño significa manter viva a súa memoria. Significa transmitir ás novas xeracións o valor da historia compartida. Significa comprender que detrás de cada etapa hai séculos de cultura, de intercambio e de experiencia humana”; significou.