A Xunta celebra o regreso do Aldebarán Intasa San Sadurniño á Superliga de voleibol

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu hoxe o Aldebarán Intasa de San Sadurniño, que regresa á elite do voleibol español logo de certificar o ascenso á Superliga masculina nunha fase final que se desenvolveu en Gran Canaria. Diego Calvo aproveitou para felicitar o club, con máis de tres décadas de historia, polo seu traballo coa base, referendado nesta tempada cos títulos galegos dos equipos infantil e benxamín.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/05/2026