O delegado territorial da Xunta felicita ao Verín Club de Fútbol polo ascenso a Preferente Futgal

Ourense, 22 de maio de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá no salón de actos da Delegación Territorial aos membros da directiva e xogadores do Verín Club de Fútbol para trasladarlles os parabéns polo seu ascenso a Preferente Futgal.

Durante a recepción, o delegado territorial felicitounos por acadar este éxito deportivo, e transmitiulles o firme compromiso da Xunta de Galicia na promoción e o fomento do fútbol en Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/05/2026