O neurocientífico Xurxo Mariño pecha o venres na sede da Xunta en Lugo as conferencias do Colexio Galén polo 25 aniversario

Lugo, 26 de abril de 2026

O científico lucense Xurxo Mariño será o encargado de pechar este venres na Delegación Territorial da Xunta en Lugo o ciclo de conferencias organizado polo colexio Galén con motivo do seu 25 aniversario. A charla dará comezo ás 19:15 horas, leva por título O sorprendente desenvolvemento do cerebro humano e a entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. 

Xurxo Mariño é profesor, investigador, especialista en neurociencia e un dos divulgadores máis reputados e amenos no seu campo, mesmo desde programas de televisión. Escribiu varios libros sobre a materia, entre eles Neurociencia para Julia, Os Dados do Reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas ou Neuronas para la emoción.

Data de actualización: 26/05/2026