A Xunta somete a información pública o proxecto dunha nova senda peonil na AC-424 en Corme, no Concello de Ponteceso

Este itinerario suporá un investimento de case 565.000 euros sendo o seu obxectivo continuar a mellora da seguridade viaria e fomento da mobilidade sostible, unindo esta nova senda de 685 metros de lonxitude Corme Aldea con Corme Porto

Os interesados poderán presentar as súas achegas a partir de mañá e contan de prazo para presentar as mesma a este proxecto ata o vindeiro día 14 de marzo

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto para a execución dunha nova senda peonil na estrada autonómica AC-424, en Corme, no concello coruñés de Ponteceso.

Os interesados poderán  presentar as súas achegas a partir de mañá e contan de prazo para presentar as mesma a este proxecto ata o vindeiro día 14 de marzo.

Esta intervención da Xunta, que suporá un investimento de preto de 565.000 euros, ten como obxectivo continuar coa mellora da seguridade viaria e fomento da mobilidade sostible na AC-424, tendo en conta que esta nova senda conectará coas beirarrúas existentes en Corme Porto, e permitirá unir o Corme Aldea con Corme Porto, que é núcleo urbano de referencia para a prestación de servizos. Cómpre sinalar que a Xunta executou nesta mesma estrada no 2024, e tamén no concello de Ponteceso, o itinerario peonil no Couto, cun investimento final de máis de 361.000 euros.

A actuación, que conta cun prazo de execución de nove meses, permitirá executar un novo tramo da AC-424, entre os puntos quilométricos  6+630 e 7+530, o que que permitan garantir un itinerario peonil seguro entre os núcleos de poboación da contorna. Para executar este novo itinerario é preciso a expropiación de 22 predios neste municipio coruñés.

O proxecto

En concreto, proponse executarase un tramo de senda peonil entre Corme Aldea e Corme Porto, pola marxe esquerda da estrada. O punto final da actuación tense desprazado ata o punto quilométrico 7+356, en lugar do 7+530 valorada inicialmente (indicado na Orde de estudo), xa que neste punto a nova senda proxectada únese cunha senda peonil existente que discorre pola marxe esquerda da estrada ata Corme Porto.

A lonxitude total do itinerario proxectado é de 685 metros. A senda que se somete a información pública  consiste nunha senda en cor terrizo, de alo máis de 2 metros de ancho, cunha nova beiravía de 0,50 metros en todo o percorrido, a que se lle engade unha cuneta previa á senda entre os puntos 6+728 e o 7+356.  

Así mesmo, neste proxecto inclúese o deseño dun muro de contención de formigón armado tipo ménsula, para minimizar as afeccións a unha vivenda existente nas proximidades do punto quilométrico 7+120 da AC-424 na súa marxe esquerda, minimizando así as escavacións en noiro.

Finalmente, na intervención prevese a pavimentación das entradas e accesos que deberán atravesar a senda proxectada, así como as actuacións necesarias de drenaxe da senda. Tamén se inclúen a preinstalación dos servizos para as futuras redes de telecomunicacións e da rede de abastecemento.

Esta nova senda é susceptible de contar con cofinanciación de fondos europeos FEDER 21/27.

Data de actualización: 01/06/2026