Fabiola García preside o acto de toma de posesión da nova directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto

Santiago de Compostela, 2 de xuño do 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, presidiu esta mañá, no salón grande do Complexo administrativo de San Caetano, a toma de posesión de Eloína Ingerto como nova directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia.

Eloína Ingerto naceu en Pedrafita do Cebreiro no 1976, é graduada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolveu gran parte da súa carreira  nos servizos sociais comunitarios e no terceiro sector; ao tempo que tamén exerceu de titora docente na Universidade Nacional de Educación a Distancia.  

A nova directora xeral de Promoción da Igualdade ocupou ata agora o cargo de directora xerente da Fundación pública galega para o apoio ao exercicio da capacidade xurídica (Funga). Previamente, fora directora territorial da Fundación JuanSoñador en Galicia e presidenta da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/06/2026