A Xunta inviste 335.000 euros na seguridade viaria das estradas de Cangas
A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este martes os traballos de asfaltado e conservación na estrada PO-551
Cangas de Morrazo (Pontevedra), 2 de xuño de 2026
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este martes os traballos de mellora viaria, asfaltado e conservación que está levando a cabo a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas nas estradas da comarca do Morrazo. A representante autonómica sinalou que o Goberno galego inviste actualmente 335.00 euros na estrada PO-551 que une Marín, Bueu, Cangas e Moaña.
Ortiz indicou que coa realización deste proxecto ”búscase a mellora das características das vías, supoñendo un menor custo de mantemento a longo prazo e unha mellora da seguridade viaria, mediante a realización dunha serie de actuacións que permitan mellorar principalmente a súa rodadura”. Ademais, apuntou que non se modificará en ningún punto a sección transversal existente das estradas.
Para levar a cabo os traballos estudiouse o percorrido da estrada e concluíuse a necesidade de reforzo no firme concentrado no tramo comprendido entre o PK 9+000 e o 14+700, incluíndo a glorieta da Madalena. Deseñouse tamén a rehabilitación das glorietas denominadas do Mexillón (PK 19+100) e do Gordo (PK 21+380).