Manuel Pardo felicita á Unión Deportiva Ourense polo ascenso a primeira federación

Ourense, 3 de xuño de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá na sala de xuntas da Delegación Territorial aos xogadores, corpo técnico e directiva da Unión Deportiva Ourense para trasladarlles os parabéns polo seu ascenso a Primeira Federación.

Durante a recepción, o delegado territorial felicitounos por acadar este segundo ascenso consecutivo do equipo ourensá xa que o ano pasado foron campións do Grupo I de Terceira Federación, e transmitiulles o firme compromiso da Xunta de Galicia na promoción e o fomento do fútbol na provincia de Ourense.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2026