O delegado da Xunta e a directora xeral de Promoción da Igualdade asisten ao pregón do Día da Caridade organizado por Cáritas

Lugo, 3 de xuño de 2026

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, asistiron hoxe ao pregón organizado por Cáritas de Lugo no marco da campaña da Semana da Caridade 2026, que este ano se celebra baixo o lema Elixe amar, elixe comunidade. O pregoeiro foi Luis Miguel Rojo, delegado episcopal de Cáritas Española.

Ambos responsables autonómicos resaltaron o papel de Cáritas no apoio aos colectivos máis vulnerables. Salientaron ademais que a Xunta colabora coa entidade en distintos programas de loita contra a pobreza, a exclusión e a discriminación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2026