Diego Calvo recibe o embaixador do Xapón, Hiroshi Yamauchi
2026-06-04
/documents/35297/2146485/20260604ReunionEmbaixadorXapon+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu hoxe o embaixador do Xapón en España, Hiroshi Yamauchi, que acudiu xunto ao agregado de Defensa da Embaixada do Xapón en España, o capitán de fragata Jinta Kikuchi. O encontro, no que se abordaron distintos asuntos que afectan a ambos os territorios, dálle continuidade á anterior reunión que mantiveran o pasado febreiro e reforza as relacións institucionais entre Galicia e Xapón, favorecidas polo incremento dos intercambios económicos e culturais entre as dúas partes.
Data de actualización: 04/06/2026