Diego Calvo asiste no Coliseum á victoria do Leyma Coruña nas semifinais polo ascenso á Liga ACB

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, Roberto García, asistiu hoxe no Coliseum ao primeiro encontro de semifinais polo ascenso á Liga ACB que enfrontou o Leyma Coruña e o Palencia Baloncesto. O conxunto coruñés logrou a victoria por 92-81 e loitará mañá polo regreso á máxima categoría do baloncesto español contra o vencedor do Estudiantes-Oviedo, que se disputa esta tarde. A Coruña acolle durante a fin de semana esta gran cita do baloncesto co apoio da Xunta.

Data de actualización: 06/06/2026