A Xunta aproba as bases para a contratación da xerencia da Fundación Galtia

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2026

A Xunta aprobou hoxe as bases para a contratación dun xerente para a Fundación Galtia. O padroado desta fundación, constituída para a atracción de talento investigador internacional de alto nivel, reuniuse por segunda vez para abrir a convocatoria para a cobertura deste posto. Os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participaron na xuntanza, dando un paso máis na posta en marcha desta entidade que busca reforzar a capacidade competitiva e investigadora da nosa Comunidade.

A estrutura directiva da fundación estará formada por un xerente, cuxo proceso de selección se inicia agora, e un director científico. A xerencia será a responsable de poñer en marcha este ano a convocatoria para captar persoal, que será contratado como investigador distinguido. O obxectivo é captar talento do máis alto nivel para avanzar na construción dunha Galicia Calidade sustentada no coñecemento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/06/2026