Martina Aneiros anima aos nenos a interesarse polas diferentes ramas científicas na II Feira da Ciencia do CEIP Plurilingüe A Laxe

Ferrol, 9 de xuño de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe á II Feira da Ciencia do CEIP Plurilingüe A Laxe, no que os 80 alumnos do centro expoñen os seus experimentos.

O evento, deseñado para fomentar a vocación científica, a innovación e a sustentabilidade entre o alumnado, contou con 10 proxectos de divulgación e demostración en directo realizados polos estudantes de cada curso, dende 1º de infantil ata 6º de primaria. O centro tamén acolleu talleres prácticos e científicos no marco desta feira, que contou ademais coa colaboración de tres investigadores da Universidade da Coruña (UDC) e da Asociación Umbella, que realizou o espectáculo científico “Misión Eclipse”.

Aneiros aproveitou a ocasión para animar a todos os alumnos a ‘interesarse pola ciencia e as súas diferentes ramas’, e felicitarlles polo traballo realizado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/06/2026