Belén do Campo asiste á presentación da nova identidade corporativa de Tranvías da Coruña e destaca o papel clave do transporte público na mobilidade sostible

O acto serviu tamén para compartir a evolución da marca e a visión da compañía sobre o papel que debe desempeñar o transporte público na mobilidade do futuro 

A Coruña, 10 de xuño de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu ao acto de presentación da nova identidade corporativa de Tranvías da Coruña, celebrado no Club Cámara Noroeste, un encontro no que a compañía deu a coñecer a súa nova imaxe e a súa visión estratéxica sobre o futuro da mobilidade urbana.

Durante o acto, a empresa expuxo o inicio dunha nova etapa na súa traxectoria, orientada a reafirmar o seu compromiso coa cidade da Coruña, coa mobilidade sostible e cun transporte público cada vez máis accesible, innovador e próximo á cidadanía.

O acto serviu tamén para compartir a evolución da marca e a visión da compañía sobre o papel que debe desempeñar o transporte público na mobilidade do futuro, nun contexto marcado pola transformación dixital e polos obxectivos de sustentabilidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/06/2026