A Xunta participa na presentación dos Campionatos Galegos de Parapente de Precisión e de Parapente a distancia

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá nas presentacións do Campionato Galego de Parapente de Precisión, que se desenvolverá a fin de semana do 4 e 5 de xullo na Xironda (Cualedro), e do Campionato Galego de Parapente a Distancia, que se celebrará do 9 ao 12 de xullo na Serra do Larouco (Baltar). Ámbalas competicións contan co apoio da Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/06/2026