Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 11.30 h. de hoxe
Dende as 04.06 horas de hoxe está activo un incendio forestal no concello da Capela, parroquia de Capela, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas de superficie afectada
Está tamén activo un lume no concello da Mezquita, parroquia de Manzalvos, que entrou desde Portugal e que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas
Continúa controlado o lume de Padrón, parroquia de Herbón, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 350 hectáreas
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2026
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 11.30 horas de hoxe.
A CORUÑA
Activo A Capela-Capela
Dende as 04.06 horas de hoxe está activo un incendio forestal no concello da Capela, parroquia de Capela, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 5 axentes, 7 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.
Controlado Padrón-Herbón
Continúa controlado, desde as 20:49 horas do mércores, día 17, o lume rexistrado no concello de Padrón, parroquia de Herbón, que se iniciara o día 12 ás 16.01 horas e no que foi preciso declarar temporalmente a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade a núcleos de poboación.
As últimas estimacións sinalan que este incendio afecta unha superficie de 350 hectáreas. Para traballar na súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 7 técnicos, 129 axentes, 164 brigadas, 121 motobombas, 5 pas, 9 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 7 avións.
OURENSE
Activo A Mezquita-Manzalvos
Está activo un lume no concello da Mezquita, parroquia de Manzalvos, que entrou desde Portugal ás 07.18 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións provisionais a superficie afectada en Galicia supera as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 4 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 avións e 3 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.