A Xunta participa na presentación do Campionato de Europa U17 de pentatlón moderno que se vai disputar en Pontevedra do 6 ao 12 de xullo
2026-07-01
/documents/35297/2184056/20260701PresentacionEuropeoU17Pentatlon.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe na presentación do Campionato de Europa U17 de pentatlón moderno, no que se darán cita deportistas de máis de vinte países. As probas desenvolveranse do 6 ao 12 de xullo nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra e inclúen as modalidades de carreira de obstáculos, natación, esgrima e láser run, disciplina esta última que combina carreira e tiro con pistola láser.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 01/07/2026