Martina Aneiros loa o "espírito aberto e rigor" do curso Carlos Gurméndez no seu peche
2026-07-03
/documents/35297/2184062/PecheXXVIICursoGurmendez+1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 3 de xullo de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe na clausura do XXVII Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez: “Galicia, identidade e gobernanza no mundo actual”, organizado polo Club de Prensa de Ferrol.
Durante a súa intervención, Aneiros destacou “a variedade de voces e de enfoques” que formaron o cadro de poñentes, procedentes de ámbitos como a filoloxía, a historia, o dereito ou as artes, entre outros. Trasladou tamén o apoio do Goberno galego a iniciativas coma esta, que crean “liñas de reflexión para seguir afondando na realidade galega con espírito aberto, rigor e vontade construtiva”.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 03/07/2026