O xerente da Axencia Galega de Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, compareceu na Comisión 5ª do Parlamento para explicar a nova oferta formativa

A Xunta salienta que Galicia conta na actualidade con 2.300 residentes en formación sanitaria especializada, coa participación de máis de 1.200 titores e 3.800 colaboradores docentes

A Xunta rexistra un ano máis o seu récord de formación sanitaria especializada cunha oferta de 725 prazas na convocatoria 2026-2027

Galicia incrementa a súa oferta formativa en 43 prazas, un 6,3%, o que a sitúa como a segunda comunidade con maior incremento porcentual respecto do ano anterior

O Executivo galego convoca de novo o 100 % das prazas acreditadas nas especialidades de medicina familiar e comunitaria e en pediatría, con 207 e 27 prazas, respectivamente

Entre os fitos da convocatoria 2026-2027 destaca a oferta de 24 prazas na nova especialidade de medicina de urxencias e emerxencias

Neste 2026, a Xunta inviste 94,2 M € para sufragar integramente a formación dos especialistas sanitarios

Celebra que o Ministerio de Sanidade rectificase a súa decisión de eliminar Vigo como sede dos exames MIR, algo que viña reclamando a Xunta de modo insistente

A Xunta segue a reclamarlle ao Goberno central novas melloras para poder facer fronte ao déficit de facultativos

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2026

O xerente da Axencia Galega de Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, salientou hoxe que nestes momentos Galicia ten 2.300 residentes incorporados na formación sanitaria especializada e conta coa participación de máis de 1.200 titores e 3.800 colaboradores docentes.

O xerente de ACIS compareceu esta mañá no Parlamento de Galicia para informar da nova oferta de Formación Sanitaria Especializada 2026-2027, na que Xunta baterá de novo o seu récord histórico, coa convocatoria de 725 prazas.

No marco da Comisión 5ª de Sanidade Política Social e Emprego, o responsable autonómico destacou que Galicia incrementará a súa oferta formativa en 43 prazas, o que representa unha suba do 6,3 % respecto do anterior ano. Esta cifra sitúa Galicia como a segunda comunidade con maior incremento porcentual en comparación coa convocatoria 2025-2026, na que ofertara un total de 682 prazas.

Segundo explicou Fernández-Campa, un ano máis a Xunta volverá blindar o seu compromiso con todas aquelas especialidades médicas que son deficitarias, convocando o 100 % das prazas que ten acreditadas polo Ministerio de Sanidade. Neste senso, na especialidade de medicina familiar e comunitaria, Galicia convocará un total de 207 prazas e, no caso de pediatría formará un total de 27 novos residentes.

No caso dos especialistas en medicina familiar e comunitaria, a súa distribución por áreas sanitarias será:  A Coruña e Cee 39; Vigo, 39; Santiago de Compostela e Barbanza, 40; na área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 30; en Pontevedra e O Salnés 23; para a de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 21; e na de Ferrol 15.

Pola súa banda, os especialistas en pediatría completarán a súa formación, distribuídos do seguinte xeito: 7 na área sanitaria de Vigo; 6 na de Santiago de Compostela e Barbanza; 5 na área sanitaria da Coruña e Cee; 3 na área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; outros 3 na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 2 na de Pontevedra e O Salnés; e 1 na área sanitaria de Ferrol.

Entre os fitos que presenta a oferta galega formación sanitaria especializada 2026-2027 destaca a convocatoria de 24 prazas na nova especialidade de medicina de urxencias e emerxencias, que se distribuirán estratexicamente do seguinte xeito:  4 prazas para cada unha das unidades docentes da Coruña-Cee, Santiago-Barbanza e Vigo; e outras 3 prazas para cada unha das unidades docentes das áreas sanitarias de Ferrol; Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Impulso e reforzo de prazas en Saúde Mental

O xerente da Axencia Galega de Xestión do Coñecemento en Saúde remarcou a aposta decidida do Goberno galego por reforzar o ámbito da saúde mental no sistema sanitario público galego. Así, apuntou que este eido contará con 60 prazas na presente convocatoria, entre as que se inclúen dúas de nova acreditación.

Nomeadamente, a oferta formativa neste ámbito sanitario confórmase con 20 prazas en psiquiatría (incorpórase unha nova praza na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés), 17 prazas en psicoloxía clínica (tamén cunha nova praza na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés), 21 prazas en enfermaría de saúde mental e 2 prazas para a nova especialidade de psiquiatría infantil e da adolescencia (con destino ás áreas sanitarias de Santiago de Compostela e Barbanza, e a de Vigo).

Demandas urxentes ao Ministerio de Sanidade

No peche da súa intervención, Fernández-Campa celebrou que o Ministerio de Sanidade rectificase a súa decisión de eliminar a cidade de Vigo como sede dos exames MIR, unha decisión que semella que vén de ser rectificada tras as insistentes reclamacións trasladadas pola Xunta.

No entanto, o xerente de ACIS instou ao Ministerio de Sanidade a exercer as súas competencias para resolver os problemas estruturais que sofre o Sistema Nacional Saúde.

Así, entre esas demandas urxentes apuntou a necesidade de que o Rexistro Nacional de Profesionais se poña en marcha dun xeito efectivo para poder planificar de xeito global e corrixir os déficits de especialistas; que se axilice o sistema de acreditación das unidades docentes; ou que se aprobe de forma urxente do Real Decreto para crear as especialidades de xenética médica e xenética de laboratorio, validadas a finais de 2024 pero aínda encaiadas na súa tramitación.

Con este histórico récord de prazas da convocatoria de Formación Sanitaria Especializada 2026-2027 e o investimento de 94,2 M € para sufragar integramente a formación dos especialistas en 2026, a Xunta reafirma o seu compromiso co sistema sanitario público galego e co obxectivo de acadar un servizos asistencias de calidade para o conxunto da poboación.

ANEXO: Prazas Formación Sanitaria Especializada (FSE) 2026/2027

Especialidade

Oferta 2026/2027

Oferta 2025/2026

Alergoloxía

2

2

Análisis Clínicos

7

6

Anatomia Patolóxica

7

7

Anestesioloxía

e Reanimación

21

20

Anxioloxía

e Ciruxía Vascular

5

5

Aparato Dixestivo

10

10

Cardioloxía

12

10

Ciruxía Cardiovascular

2

1

Ciruxía Xeral e do A. Dixestivo

15

13

Ciruxía Oral e Maxilofacial

1

1

Ciruxía Ortopédica e Traumatoloxía

15

15

Ciruxía Pediátrica

2

1

Ciruxía Plástica Estética e Reparadora

2

2

Ciruxía Torácica

2

1

Dermatoloxía Médico-Cirúrxica

6

6

Endocrinoloxía e Nutrición

5

5

Farmacia Hospitalaria

11

11

Xeriatría

4

4

Hematoloxía e Hemoterapia

9

8

Inmunoloxía

2

1

Medicina Física e Rehabilitación

6

6

Medicina Intensiva

12

9

Medicina Interna

21

20

Medicina Nuclear

2

2

Medicina de Urxencias e Emerxencias

24

6

Microbioloxía e Parasitoloxía

6

6

Nefroloxía

5

5

Pneumoloxía

8

Neurociruxía

3

3

Neurofisioloxía Clínica

3

3

Neuroloxía

10

9

Obstetricia E Xinecoloxía

11

10

Oftalmoloxía

14

10

Oncoloxía Médica

11

11

Oncoloxía Radioterápica

3

3

Otorrinolaringoloxía

9

8

Pediatría e  áreas específicas

27

27

Radiodiagnóstico

21

19

Radiofísica Hospitalaria

3

4

Reumatoloxía

4

5

Uroloxía

9

8

Medicina Familiar e Comunitaria

207

207

Enfermería Familiar e Comunitaria

53

53

Medicina Preventiva

5

5

Medicina do Traballo

6

6

Enfermería do Traballo

2

2

Matronas

20

20

Psiquiatría

20

19

Psiquiatría Infantil e da Adolescencia

2

2

Psicoloxía Clínica

17

16

Enfermería Saúde Mental

21

21

Enfermería Pediátrica

16

16

Enfermería Xeriátrica

4

4

TOTAL

725

682

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/07/2026