Alfonso Villares destaca o valor cultural e social do Ribadeo Indiano, que se celebrará durante toda a fin de semana
Ribadeo (Lugo), 10 de xullo de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, asistiu hoxe á inauguración oficial do XI Ribadeo Indiano e ao pregón que pronunciou a xornalista e escritora María Xosé Porteiro.
Villares destacou o valor cultural e social desta cita “que pon o foco no importante legado que a emigración deixou neste concello, e supón un magnífico exemplo de como a nosa historia e o noso patrimonio poden xerar oportunidades para o desenvolvemento local”.
O delegado felicitou ao Concello de Ribadeo e a ACISA pola organización da festa, que conta coa colaboración do Goberno galego, “e aos veciños e veciñas polo seu traballo e pola súa implicación”.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 10/07/2026