Alfonso Villares asiste aos actos da festividade da Virxe do Carme en San Cibrao, en Cervo
2026-07-16
/documents/35297/2199121/ActosCarmeSanCibrao+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Cervo (Lugo), 16 de xullo de 2026.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, asistiu aos actos de conmemoración da Virxe do Carme que se celebran en San Cibrao, organizados polo concello de Cervo coa colaboración de diversos colectivos culturais e sociais do municipio.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”.
Na xornada principal de hoxe destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
Data de actualización: 16/07/2026