A Xunta destaca o impulso das disciplinas urbanas na presentación da VI Liga Galega de Break
2026-07-16
/documents/35297/2199121/20260716PresentacionLigaBreak+%282%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe na presentación da 6ª edición da Liga Galega de Break, competición organizada pola asociación Vella Escola que conta coa colaboración da Xunta. Na súa intervención, Roberto García destacou o labor de Vella Escola como entidade de referencia na promoción e dinamización das disciplinas urbanas, así como a aposta por unha oferta deportiva diversa e adaptada aos novos tempos, que permita a toda a cidadanía atopar modalidades coas que manterse activa e avanzar cara a unha sociedade cada vez máis saudable.
Data de actualización: 16/07/2026