Mar aborda coa Confraría de Ferrol liñas de traballo conxuntas para reforzar a actividade pesqueira

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo un encontro de traballo cos representantes da Confraría de Pescadores de Ferrol, unha xuntanza encadrada nos contactos habituais e periódicos que a Consellería do Mar desenvolve coas entidades do sector para avaliar o día a día da súa actividade. Esta reunión serviu para analizar de xeito conxunto as necesidades actuais dos profesionais e liñas de traballo conxunto.

Durante o encontro, Rosón puxo en valor a canle de diálogo fluído entre o pósito e o Goberno galego materializados en diferentes ámbitos como o desenvolvemento de proxectos de investigación e en estratexias que melloren a valorización e comercialización dos produtos do mar entre outros. Así mesmo, o director xeral subliñou que o modelo de cogobernanza impulsado en Galicia é o mellor camiño para acadar unha explotación plenamente sostible dos recursos e garantir a estabilidade socioeconómica do sector pesqueiro e marisqueiro local.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 16/07/2026