Villaverde reivindica o traballo e a fortaleza do sector do mar na homenaxe á Patroa do Carme en Aguiño
Ribeira (A Coruña), 16 de xullo de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou esta mañá nos actos solemnes organizados na honra da Virxe do Carme na parroquia de Aguiño, en Ribeira. A responsable autonómica, que estivo acompañada pola alcaldesa do municipio, María Sampedro, asistiu aos actos relixiosos na Igrexa da Nosa Señora do Carme e, posteriormente, sumouse á procesión marítima. Unhas celebracións que amosan o arraigo da cultura mariñeira por todo o litoral galego.
Durante a xornada, a titular de Mar destacou o carácter estratéxico dun sector que é motor económico de Galicia e manifestou o seu recoñecemento a todo o colectivo marítimo-pesqueiro polo seu labor que sitúan á comunidade como referente internacional. Villaverde subliñou que o mellor xeito de honrar ás xentes do mar é “seguir traballando dende as administracións para garantir a súa viabilidade e o seu futuro”, un obxectivo prioritario no que a Xunta está plenamente implicada.