A directora xeral de Promoción da Igualdade visitou o recurso localizado en Curtis

A Xunta pon os CIM como exemplo de rede pública de recursos para o acompañamento e asesoramento a todas as mulleres

Eloína Ingerto explicou que hai 84 centros destas características en Galicia e que dan servizo a preto de 200 concellos

Tamén lembrou que o Goberno galego inviste anualmente máis de cinco millóns de euros para reforzar e consolidar a súa actividade

Curtis (Pontevedra), 23 de xullo do 2026

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, destacou esta mañá que os centros de información á muller (CIM) son un exemplo de rede pública de recursos esencial para o acompañamento e asesoramento a todas as mulleres. Así o trasladou durante a visita ao CIM de Curtis.

Eloína Ingerto aproveitou a visita, na que tamén participou o alcalde, Javier Caínzos, para agradecer a implicación de todas as profesionais do CIM de Curtis. Deste xeito, enxalzou o seu labor diario, sempre en colaboración e coordinación co resto de servizos públicos do concello para chegar a toda a veciñanza.

No encontro, a directora xeral lembrou que hai 84 centros destas características en Galicia e que conforman unha importante rede que dá servizo a uns 200 concellos. Trátase, segundo explicou, de recursos fundamentais na promoción da igualdade e a loita contar a violencia de xénero, xa que son servizos de proximidade, abertos a todas as persoas que o desexen e que contan con equipos de profesionais multidisciplinares.

Neste sentido, recordou que o Goberno galego destina anualmente máis de cinco millóns de euros ao seu funcionamento e consolidación, co obxectivo de seguir chegando a todas as mulleres que o precisen e contribuíndo á rápida detección da violencia de xénero.

Data de actualización: 23/07/2026