A Xunta reforza a rede de casas do maior con dez novos recursos para os concellos rurais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases desta convocatoria na que o Goberno galego inviste medio millón de euros

O obxectivo é que o próximo ano haxa 158 recursos destas características, o que suporía 800 prazas de atención diúrna destas características

Santiago de Compostela, 27 de xullo do 2026

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases da nova convocatoria para a creación de dez 10 novas casas do maior en Galicia co obxectivo de reforzar a rede de proximidade e dotar de servizos ás zonas rurais. As persoas interesadas terán ata o vindeiro 28 de agosto para solicitar a creación dun destes recursos.

O Goberno galego destina máis de medio millóns de euros a esta nova orde de axudas para os concellos do rural, co obxectivo de ampliar a rede de casas do maior ata os 158 recursos o próximo ano.  Deste xeito, serían 800 prazas totalmente de balde de atención diúrna en toda Galicia.

As casas do maior contan cun máximo de cinco prazas cada unha e son recursos esenciais non só para o coidado dos maiores, senón tamén para afrontar o reto demográfico,; xa que a súa creación dota o rural de recursos de atención que favorecen a conciliación das familias, ao tempo que xeran postos de traballo.

Ademais, esta convocatoria mantén ao igual que as anteriores o complemento semanal adicional para aqueles casos nos que as persoas promotoras estean de baixa laboral. Así como o abono de 10 euros por persoa e día a aquelas casas do maior que asuman o desprazamento dos usuarios.

Data de actualización: 27/07/2026