A Xunta adxudica as obras de rehabilitación da Casa Torre de Lugo por un investimento de 885.000 euros

Trátase de rehabilitar o Antigo Hospital de San Miguel, na Tinería

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2026

A Xunta adxudica as obras de rehabilitación do Antigo Hospital de San Miguel, tamén coñecido como Casa Torre, inmoble emprazado no barrio lucense da Tinería.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) adxudicou o contrato para esta obra de rehabilitación, por un importe total de 885.662,74 € euros, e un prazo de execución de 20 meses, á empresa, Desarrolla Obras y Servicios, S.L..

O obxecto deste proxecto que se vén de adxudicar é a rehabilitación desta edificación situado ao lado da Muralla Romana de Lugo, dentro da cidade histórica.

O inmoble a rehabilitar está formado por dúas edificacións independentes e inconexas: a Casa Torre, de planta cadrada e de orixe medieval, e outra edificación que se une á primeira polo noroeste.

As obras do proxecto adxudicado, proponse a rehabilitación de ambos os dous inmobles.

O edificio resolverá ademais o acceso á Muralla a través dun itinerario accesible mediante a instalación dun ascensor interior que comunica a cota da cidade e coa do adarve da muralla.

Data de actualización: 01/08/2026