A Xunta adxudica por máis de 249.000 euros o equipamento da sala de radioloxía do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
A nova sala permitirá optimizar los procedementos de imaxe, mellorando a precisión diagnóstica, a eficiencia na adquisición de estudos e a ergonomía para o persoal sanitario
O novo equipo contará cun dispositivo xerador de raios X, colimador, tubaxe de raios X con soporte telescópico de teito, mesa de exploración radiolóxica, bucky mural e detector dixital
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026
A Consellería de Sanidade vén de publicar no Portal de Contratos de Galicia a adxudicación, á empresa Siemens Healthcare, S.L., do equipamento para a sala de radioloxía dixital robotizada con destino ao Servizo de Urxencias do Hospital Universitario da Coruña, por un importe de 249.260 euros.
A nova sala permitirá optimizar os procedementos de imaxe, mellorando a precisión diagnóstica, a eficiencia na adquisición de estudos e a ergonomía para o persoal sanitario.
O novo material disporá dun equipo xerador de raios X, colimador, tubaxe de raios X con soporte telescópico de teito, mesa de exploración radiolóxica, bucky mural e detector dixital.
Así mesmo, a empresa adxudicataria deberá encargarse das actuacións que sexan necesarias para a instalación dos equipos, cun prazo de execución dun mes.