María José Gómez pon en valor a calidade do Pemento de Mougán na XXVIII Festa deste produto en Guntín

Guntín (Lugo), 1 de agosto de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu hoxe á celebración da XXVIII Festa do Pemento de Mougán, no concello lucense de Guntín, onde puxo en valor a calidade deste produto da horta amparado pola súa propia Indicación Xeográfica Protexida.

No acto, a conselleira louvou a excelencia deste tipo de pementos, un dos cinco cos que conta en Galicia protexidos por algún tipo de IXP. Desde a Consellería do Medio Rural impúlsanse este tipo de producións e, por iso, este ano destina máis de 10 millóns de euros para o Plan Saborea Galicia Calidade Diferenciada, dous millóns máis que en 2025, co obxectivo de reforzar a promoción das producións certificadas, incrementar o seu posicionamento nos mercados e seguir xerando valor para os produtores e para o conxunto do rural galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/08/2026