A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Xove
Lugo, 5 de agosto de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Xove, José Demetrio Salgueiro Rapa.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. Abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio.
O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.