A Xunta destaca a calidade dos peixes e mariscos galegos na Festa da Navalla de Aguiño
2026-08-09
/documents/35297/2232341/20260809FestraNavallaAgui%C3%B1o+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ribeira (A Coruña), 9 de agosto do 2026
As conselleiras do Mar, Marta Villaverde, e de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiron hoxe á X Festa da Navalla de Aguiño, onde destacaron a calidade dos peixes e mariscos galegos.
Durante a inauguración da festa, coa que colabora a Consellería do Mar, as responsables autonómicas reivindicaron a importancia de eventos gastronómicos coma este para promocionar o consumo dos bivalvos galegos, que son de gran calidade e que, ademais, axudan á dinamización socio-económica das vilas mariñeiras.
Tamén destacaron o labor dos profesionais do mar en garantir a sustentabilidade dos recursos mariños e na promoción e posta en valor dos seus propios produtos.
Data de actualización: 09/08/2026