A conselleira María Martínez Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Pastoriza
2026-08-10
/documents/35297/2243101/20260810_Conselleira_Vivenda_Pastoriza-1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Pastoriza, Darío Cabaneiro.
No encontro mantido en San Caetano, no que tamén estivo o director territorial da Consellería en Lugo, Marco Antonio Fernández Piñeiro, abordáronse distintas liñas de colaboración con este municipio.
O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Data de actualización: 10/08/2026