A conselleira María Martínez Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Muíños

Ourense, 12 de agosto de 2026.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño.

No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Ourense, e no que tamén estivo a directora territorial da Consellería, Pilar Fernández León, repasáronse as últimas actuación de colaboración da Xunta co Concello, entre elas, as actuacións de mellora de espazos no lugar de Muíños, na parroquia de San Pedro de Muíños, ao abeiro do Plan Hurbe.

A conselleira tamén informou ao rexedor dos distintos programas de  rehabilitación de vivendas que poden solicitar os concellos, como por exemplo os Fondos de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes.

O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/08/2026