Belén do Campo asiste á recepción oficial aos equipos participantes no LXXXI Trofeo Teresa Herrera
Xa pola tarde, a delegada da Xunta asistiu no estadio de Riazor ao encontro masculino do LXXXI Trofeo Teresa Herrera entre o Real Club Deportivo e o Real Madrid, acompañando á afección coruñesa nunha das grandes citas deportivas do verán
A Coruña, 11 de agosto de 2026.
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu hoxe á recepción oficial aos equipos participantes no LXXXI Trofeo Teresa Herrera, unha das grandes citas deportivas do verán coruñés e un dos torneos de fútbol con maior tradición da cidade.
A representante do Goberno galego acompañou aos equipos e á organización nesta recepción, nunha edición especialmente significativa dun torneo que forma parte da historia deportiva e da identidade da Coruña desde a súa primeira edición, celebrada en 1946.
Ao longo das súas máis de oito décadas de historia, o Teresa Herrera converteuse nunha das grandes citas do calendario deportivo da cidade e nun escaparate internacional para A Coruña. Por Riazor pasaron ao longo dos anos destacados clubs e figuras do fútbol nacional e internacional, consolidando un torneo que transcende o ámbito estrictamente deportivo e que forma parte da memoria colectiva de varias xeracións de coruñeses.
O cartel desta edición volve reunir en Riazor ao Real Club Deportivo e ao Real Madrid, dous históricos do fútbol español, nun encontro que constitúe un dos grandes atractivos do programa deste ano. Ademais, na xornada completarase o xoves cando terá lugar, ás 17.000 horas, o encontro entre Depor Abanca e o FC Porto feminino.