A Xunta destaca o papel das Escolas de Verán a prol da conciliación familiar no rural galego
Ponteceso (A Coruña), 13 de agosto de 2026
A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, destacou o traballo realizado nas Escolas de Verán para facilitar a conciliación familiar. Fíxoo hoxe na súa visita á Escola de Verán da aldea do Couto en Ponteceso, onde a cativada de distintas idades e procedencias poden desenvolver múltiples actividades. Este ano, en concreto, conta con 450 participantes. Alí, puido observar as tarefas levadas a cabo neste lugar, e puxo en valor este tipo de espazos educativos.
Máis alá de empregarse como espazo de lecer no que se realizan obradoiros, actividades deportivas e xogos, estas xornadas funcionan como laboratorios de igualdade e un punto de encontro intercultural. A directora lembrou o necesario que son estes labores para que a rapazada aprenda a convivir, así como a respectar e valorar a diversidade.