Lorenzana destaca o peso das empresas familiares galegas e a súa adaptación constante aos novos retos da economía
2026-08-28
/documents/35297/2263106/28082026+LorenzanaCeltic.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Moraña (Pontevedra), 28 de agosto de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Moraña Celtic Estores, onde puxo de manifesto o peso económico das empresas familiares galegas e a súa adaptación constante aos retos da transformación dixital ou a sustentabilidade.
Lorenzana apuntou que en Galicia, actualmente, operan máis de 60.500 empresas familiares e, nos últimos dez anos, o seu impacto económico duplicouse. En 2025, estas empresas contribuíron ao PIB autonómico con 40.800 millóns de euros, un 130 por cento máis que en 2015.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 28/08/2026