Martina Aneiros loa o papel do festival ‘Meninas de Canido’ na proxección de Ferrol como cidade creativa

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no Museo da Sociedade Galega de Historia Natural na presentación do evento que terá lugar do 4 ao 6 de setembro

Ferrol, 2 de setembro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no Museo de Historia Natural na presentación da 18ª edición do festival internacional de arte Meninas de Canido ,“unha iniciativa que se converteu nunha parte esencial da identidade do barrio de Canido e tamén da propia cidade de Ferrol”, destacou.

Aneiros puxo o foco no poder do festival para “proxectar Ferrol como unha cidade creativa, aberta e capaz de converter a arte nun motor de dinamización social, cultural e tamén turística”, e cualificou ás meninas como “expresión de orgullo colectivo”. Tamén destacou o I Torneo 3x3 Meninas de Canido, novidade desta edición, como “unha proposta que non fai máis que demostrar a capacidade de renovación, e expansión deste festival”

Por último, a delegada, felicitou ao promotor da iniciativa, Eduardo Hermida, e animou á cidadanía a achegarse ao barrio a vivir esta nova edición, que se celebrará entre o 4 e o 6 de setembro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/09/2026