Martina Aneiros reúnese co novo Xeneral Comandante da Forza de Protección da Armada
2026-09-03
/documents/35297/2273888/ReunionnovoGEPROAR+1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 3 de setembro de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión co Xeneral Comandante da Forza de Protección da Armada, D. Adolfo Morales Trueba.
O encontro celebrouse como presentación e primeira toma de contacto entre a delegada e o xeneral, que tomará posesión do cargo o próximo luns 7 de setembro. A representante do Goberno galego desexoulle unha boa e frutífera estadía durante o seu servizo en Ferrol.
Morales Trueba chega á cidade tras unha importante traxectoria nas Forzas Armadas, na que destaca o seu labor como director da Escola de Infantería de Marina General Albacete y Fuster, en Cartaxena.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 03/09/2026