A Xunta apoia o III Torneo de Fútbol Base do Valadouro, que reunirá medio cento de equipos os días 19 e 20 de setembro

O Valadouro (Lugo), 5 de setembro de 2026

A Xunta de Galicia apoia o III Torneo de Fútbol Base Concello do Valadouro, que se celebrará os días 19 e 20 de setembro no campo municipal O Árbol, en Ferreira.

O delegado territorial do Goberno galego en Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación do torneo, xunto co alcalde do municipio, José Manuel Lamela, e representantes da Asociación Deportiva Río Ouro.

O torneo reunirá 50 equipos das categorías alevín, prebenxamín e benxamín, coa participación de máis de 400 nenos e nenas de clubs de Galicia e Asturias.

Villares destacou o valor do deporte base como ferramenta para fomentar hábitos de vida saudables e transmitir aos máis novos valores como o compañeirismo, o esforzo e o traballo en equipo. Así mesmo, referiuse á relevancia do deporte como elemento de cohesión e de dinamización social, especialmente nos concellos pequenos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/09/2026