A Xunta apoia o Campionato do Mundo 100K, que se disputará o 20 de setembro no circuíto amiense de Sisalde

Ames (A Coruña), 8 de setembro de 2026

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, participaron hoxe en Ames na presentación do Campionato do Mundo 100K. A proba, unha das competicións máis esixentes e prestixiosas do calendario internacional do atletismo de longa distancia, disputarase o domingo 20 de setembro e reunirá ao redor de 600 atletas de elite procedentes de máis dunha vintena de países, que deberán darlle dez voltas aos 20 quilómetros do circuito de Sisalde.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/09/2026