A Xunta inviste case 14.000 euros na mellora da sinalización e acceso da Fonte de Lourizán, en Covelo
Covelo (Pontevedra), 10 de setembro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou esta mañá o concello de Covelo con motivo da axuda de preto de 14.000 euros coa que a Xunta financiará a mellora do acceso e sinalización da Fonte de Lourizán.
Trátase dunha iniciativa que permitirá poñer en valor esta fonte cuxas augas son moi valoradas polos veciños da zona. Neste sentido, o delegado territorial destacou a importancia de realizar obras que de mantemento nestes espazos para evitar que “lugares importantes para a identidade e a tradición destas pequenas localidades se perdan co paso dos anos”.
Pablo Fernández tamén aproveitou a visita para manter unha reunión de traballo co alcalde, Juan Pablo Castillo, quen lle transmitiu os principais retos que afronta o concello nos próximos meses e lle solicitou a colaboración da administración autonómica para facerlles fronte.