A Xunta licita por máis de 130.000 € a renovación integral da produción de climatización do centro de saúde de Monforte de Lemos
Substituiranse as tres unidades exteriores por novos equipos de alta frecuencia enerxética e modernizaranse as instalacións
Ademais de mellorar a eficacia do sistema, a actuación permitirá acadar unha redución do custo de mantemento de entre o 20 e 30 % e unha minoración do consumo enerxético de entre o 30 e o 40 %
As empresas interesadas neste procedemento teñen de prazo ata o vindeiro 2 de outubro para presentar as súas ofertas
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026
A Xunta vén de publicar no Portal de Contratos Públicos de Galicia a licitación, por un importe de 138.216 euros, da renovación integral da produción de climatización do centro de saúde de Monforte de Lemos, por medio da substitución de tres unidades exteriores de climatización por novos equipos de alta frecuencia enerxética.
Así mesmo, o expediente tamén contempla a modernización tecnolóxica e enerxética da instalación co obxectivo de incrementar a eficiencia enerxética, reducir os custos de explotación, mellorar a fiabilidade, diminuír o custo de mantemento, facilitar o mantemento previsor, dixitalizar a instalación e preparar a infraestrutura para a súa integración futura en plataformas Smart Building e Xemelgo Dixital.
Deste xeito, a substitución completa constitúe a alternativa técnica máis eficiente e economicamente rendible desde o punto de vista do custo do ciclo de vida.
Ademais de mellorar o funcionamento do sistema, os obxectivos do proxecto son garantir a continuidade do servizo, reducir o consumo enerxético, reducir as emisións de CO₂ ou obter información enerxética en tempo real. Agárdase acadar unha redución do custo de mantemento do 20-30 % e unha redución do consumo enerxético do 30-40 %.
As empresas interesadas neste procedemento teñen de prazo ata o vindeiro 2 de outubro para presentar as súas ofertas.