Belén do Campo asiste ao acto de inicio de curso académico 2026-2027 da Universidade de Santiago de Compostela

Galicia tamén mantén por terceiro curso consecutivo a matrícula gratuíta para os estudantes que aproben, así como a conxelación das taxas universitarias para quen non superen o mínimo de créditos esixidos, mantendo os mesmos prezos que hai 15 anos

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada por a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo e polo  xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis León Mateos, asistiu ao acto de inicio do curso académico 2026-2027 da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde destacou o compromiso do Gobierno galego coa universidade pública e coa formación das novas xeracións.

A USC desempeña un papel fundamental no desenvolvemento social, económico e cultural de Galicia, así como a súa contribución á xeración de coñecemento, á investigación e á formación de profesionais altamente cualificados.

A Xunta está realizando un gran esforzo para garantir a estabilidade e a suficiencia financeira do Sistema Universitario de Galicia. O actual Plan de financiamento universitario mobiliza máis de 3.200 millóns de euros para as tres universidades públicas galegas, unha mostra da aposta do Gobierno galego por uns ensinos universitarios de calidade e accesibles para todos.

Galicia tamén mantén por terceiro curso consecutivo a matrícula gratuíta para os estudantes que aproben, así como a conxelación das taxas universitarias para quen non superen o mínimo de créditos esixidos, mantendo os mesmos prezos que hai 15 anos.

Así mesmo, Xunta e universidades están realizando un traballo conxunto para adaptar a oferta de titulacións ás necesidades actuais da sociedade e do mercado laboral, así como para impulsar a investigación, a innovación, a internacionalización e a captación de talento.

A apertura deste novo curso académico constitúe un momento para renovar compromisos e afrontar novos retos, polo que trasladou a toda a comunidade universitaria da USC os seus mellores desexos para un curso cheo de proxectos, avances e éxitos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/09/2026