Galicia pechou o mes de xuño como a Comunidade que máis rápido paga aos seus provedores, 8 días antes que a media

O período medio de pago de Galicia no mes de xuño situouse en 15,3 días, máis de 14 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2026

Galicia pechou o mes de xuño como a Comunidade que máis rápido paga aos seus provedores, cunha media de 15,3 días; é dicir, 8,1 días por debaixo da media autonómica que se situou en 23,4 días. Así se desprende dos datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda sobre o Período Medio de Pago das CC.AA.

Así mesmo, Galicia tamén se situou máis de 14 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

Débeda comercial

Por outra banda, Galicia é a terceira Comunidade autónoma con menor porcentaxe de endebedamento comercial, un 0,11 %, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,32 %. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 5.620 millóns de euros, dos que so 194 millóns – o 3,4 %- corresponden a Galicia.

Facturas dos provedores galegos

Segundo datos da Consellería de Facenda e Administración Pública,  ao longo do primeiro semestre deste ano, a Xunta destinou case 2.400 millóns de euros para pagar as preto de 390.000 facturas dos máis de 11.000 provedores da Administración autonómica, entre empresas, pemes e autónomos do tecido produtivo galego.

Período Medio de Pago – Xuño de 2026

GALICIA

15,3

 

Cantabria

21,7

Andalucía

15,4

MEDIA CC.AA.

23,4

Madrid

16,4

Navarra

23,8

Castela-A Mancha

16,7

Asturias

26,1

A Rioxa

19,0

Valencia

26,7

Canarias

19,1

Cataluña

29,2

Aragón

19,4

Castela León

30,8

País Vasco

20,9

Murcia

31,8

Estremadura

21,0

Baleares

46,1

Data de actualización: 13/09/2026