A Xunta participa na tradicional festa das persoas maiores de Xermade
2026-09-11
/documents/35297/2290504/20260911+DXigualdadeXantarXermade.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Xermade (Lugo), 11 de setembro de 2026
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, participou hoxe na tradicional festa das persoas maiores de Xermade, que este ano acada a súa vixésimo primeira edición.
Eloína Ingerto destacou a importancia desta xornada de carácter lúdico, que serve para fomentar a participación e o encontro da veciñanza. Durante a festa, homenaxeouse ás veciñas e veciños de Xermade de maior idade.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 11/09/2026