López Campos colabora "cunha homenaxe histórica para Ferrol" polo 40 aniversario do Mundobásket'86

Ferrol, 12 de setembro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, formou parte hoxe da selección de xogadores veteranos que desputaron un partido de baloncesto na Malata, en Ferrol, no marco dos actos de conmemoración do 40º aniversario do Campionato Mundial de Baloncesto Mundobásket, celebrado en 1986. Neste senso, o representante da Xunta de Galicia destacou que non podía faltar a “unha homenaxe histórica para Ferrol en recordo dun acontecemento que deixou unha fonda pegada na cidade”.

A xornada comezou cun partido de veteranas do baloncesto, no que a delegada territorial do Goberno galego en Ferrol, Martina Aneiros, foi a encargada de realizar o saque de honra. Posteriormente celebrouse un coloquio, conducido polo xornalista Raúl Villares, sobre a fase ferrolá do Mundobásket, no que participaron nomes recoñecidos como Ricardo Aldrey, Chiqui Barros, Víctor Saavedra, Maso Blanco, Eduardo Álvarez, Manolo Aller e Miguel Loureiro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/09/2026