Martina Aneiros asiste á inauguración da exposición conmemorativa de AFAL Ferrolterra polo Día Mundial do Alzheimer
2026-09-14
/documents/35297/2290504/InauguracionExposicionAFAL+1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Narón (A Coruña), 14 de setembro de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe no centro comercial Odeón á inauguración da exposición de cartelería Alzheimer: un día para visibilizar, cada día para acompañar, organizada por AFAL Ferrolterra con motivo do Día Mundial do Alzheimer.
O acto, no que tamén se realizou a lectura dun manifesto en defensa do tratamento do Alzheimer, contou coa presenza de representantes de diferentes concellos da comarca.
Departamento:
C. de Sanidade
Data de actualización: 14/09/2026