A Xunta asiste á inauguración das actividades con motivo da XLIV Festa da Pataca de Coristanco

Coristanco (A Coruña), 19 de setembro de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto coa delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asistiu hoxe á inauguración das actividades da XLIV Festa da Pataca de Coristanco, que se celebra esta fin de semana neste municipio coruñés. Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, esta celebración contribúe á exaltación da pataca e á posta en valor deste produto e da actividade agrícola ligada ao seu cultivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2026