Estabilizado un conato de incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
O lume rexístrase na parroquia de Randín e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 0,3 hectáreas dentro do Parque
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que ás 17,10 horas de hoxe deuse por estabilizado un conato de incendio forestal rexistrado no concello de Calvos de Randín, parroquia de Randín, dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, o conato afecta unha superficie de 0,3 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 2 axentes, 2 brigadas e 2 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.